viernes, 16 de diciembre de 2016

Composición Nº1

COMPOSICIÓN Nº1
Estamos ante unha serie de textos, o primeiro correspóndese cunha serie de artigos da Orde que o mariscal Murat propuxo en 1808; o segundo documento correspóndese coa proclama da Junta Central do Principado de Asturias; o terceiro documento correspóndese cun escrito de Evaristo San Miguel, onde se expón algúns proxectos dos combatentes contra os franceses; e, por último, o cuarto documento  correspóndese con artigos da Constitución de 1812.


Tras a derrota de Napoleón, restauráronse as vellas monarquías e intentouse regresar á situación internacional anterior á Revolución francesa (1789-1799). Por iso, denominamos Restauración ao período inmediatamente posterior á derrota de Napoleón.
Esta etapa foi tamén un período de reacción para volver ao Antigo Réxime. O seu fundamento ideolóxico era o lexitimismo, que defendía a desigualdade social e a alianza Igrexa-Estado para garantir os dereitos lexítimos dos monarcas absolutos do Antigo Réxime.
   En canto a España, durante o século XIX pasou dun modelo social e político do Antigo Réxime a outro baseado en sociedades de clases, economía e monarquía capitalista. O fundamento ideolóxico desta transformación residiu no liberalismo político e económico. Por iso se fala de revolución liberal. Esta revolución foi un proceso lento e cheo de dificultades que deu lugar a guerras civís e pronunciamientos militares. Esta inestabilidade política dificultou o progreso económico e a transformación social.


A comezos de 1808, España vive nunha monarquía moi desprestixiada encabezada por Carlos IV co seu valido Manuel Godoy. España estaba dividida entre unha corriente máis conservadora e outra máis liberal. Esta etapa estivo caracterizada por unha crise financieira que veu dada polas guerras contra Francia e Reino Unido. Destaca  a batalla de Trafalgar, onde España foi derrotada.
   Neste ambiente, o pobo de Madrid, o 2 de maio de 1808, sublevouse contra as tropas francesas. Estas tropas tiñan o permiso do rei para atravesar España e chegar a Portugal grazas ao Tratado de Fontainebleau que os Carlos IV asinou con Napoleón, aínda que finalmente os franceses quedáronse en España. Murat, un mariscal francés, reprimiu esta sublevación , como podemos observar no documento número 1 , cito textualmente “ Soldados: a poboación de Madrid sublevouse, e chegou ata o asasinato (...). O sangue francés foi vertido; reclama vinganza”. Foi unha represión moi dura, pero a pesar diso, a insurrección foi estendéndose por España, onde se formaron Xuntas e Bandos ao que o Mariscal Murat respondeu con diversos mandatos : “ Artigo 5. Toda xuntanza de máis de 8 persoas será considerada como unha sediciosa; Artigo 7. Os autores, vendedores ou distribuidores de libelos impresos ou manuscritos provocando a sedición, serán considerados coma uns axentes de Inglaterra e arcabuceados”
   Mentres isto sucedía en España, en Bayonne, Napoleón obrigaba a Carlos IV e a Fernando VII a renunciar ao trono para así cederllo el ao seu irmán Xosé Bonaparte. Os franceses intentaron instaurar un sistema de goberno baseado no liberalismo político aínda que cun marcado carácter autoritario, o que quedou plasmado no Estatuto de Bayonne, unha carta outorgada.
   Comeza así a Guerra de independencia en España, onde a poboación se organizou en bandos para loitar, para organizar un novo goberno e a defensa, como podemos observar no documento 2, onde a Xunta Central Asturiana insta aos asturianos a loitar contra os franceses: “O Principado, en desempeño daqueles deberes que máis interesan ao home, xa declarou formalmente a guerra a Francia” “¡Á arma, á arma, asturianos!”
   Durante esta guerra a poboación dividiuse claramente en dous bandos principais, como se explica no documento 3, escrito a posteriori por Evaristo San Miguel, cito textualmente:  “De todos os xeitos non é menos certo que a invasión dos franceses foi o principio das nosas diferenzas internas e a guerra de independencia unha serie de guerra civil ao mesmo tempo.”
   Estes bandos eran: os patriotas e os afrancesados. Os patriotas eran os defensores da monarquía borbónica e contrarios á dinastía imposta por Napoleón. Estes estaban á súa vez divididos en: liberais, partidarios da reforma da monarquía e que tiñan o liberalismo como ideario, e os absolutistas partidarios do Antigo Réxime. O outro bando eran os afrancesados, os cales apoiaban o goberno de Xosé I, aínda que tamén era un grupo heteroxéneo.
   Durante a guerra, a guerrilla foi o instrumento que canalizou a loita da xente do común contra o invasor. Outro centro de acción durante o proceso revolucionario foi a Junta Central, que convocaron a Cortes, elixidas por un sufraxio universal indirecto.
   As Cortes estaban formadas por personalidades con distintas opinións (o que estaba a favor do absolutismo, os que pedían a soberanía nacional…).
   Como Cádiz era a cidade con menor ocupación francesa, estas Cortes decidiron reunirse aquí. O 23 de decembro de 1810 formouse un proxecto de constitución e o 19 de marzo de 1812 promulgouse a Constitución, coñecida como La Pepa, e que presentou uns principios moi radicais. Un destes principios, como ben se menciona no texto, cito textualmente: “Artigo 1. A nación española é a reunión de todos os españois de ámbolos dous hemisferios (...)”, outro dos artigos foi, como ben se di no Documento 4, que a soberanía residiría na nación. Tamén destaca a división de poderes (lexislativo, executivo e xudicial), e outros como as liberdades individuais, a monarquía moderada, a creación da Milicia Nacional, etc.
    A  Constitución de 1812 case non se puido aplilcar, xa que en 1814 comezarán seis anos de poder absolutista, ata que en 1820 e ata o 1823, houbo un período de tres anos no que o goberno estivo liderado por liberais, que durante esta etapa se dividiron en moderados, que pretendían darlle máis poder ao rei e controlar a prensa, e os exaltados, que pedían reformas máis radicais.
   Finalmente, tras varios cambios de goberno que se deron nestas décadas, en 1833 o rei Fernando VII faleceu e a súa filla Isabel II, con tan só dous anos de idade, foi proclamada raíña, aínda que a súa faceta como tal non se cumpriu ata 1844, cando dous xenerais (López e Prim) pediron que a Isabel se lle adiantara a maioría de idade ante o posible regreso da súa nai María Cristina, que estivera reinando dende a morte de Fernando VII ata comezos da década dos 40.


No hay comentarios:

Publicar un comentario