domingo, 14 de mayo de 2017

Cometario libro "As voces baixas"

“As voces baixas” é unha novela escrita polo escritor, poeta, ensaísta e periodista galego Manuel Rivas.
Nesta obra Rivas descríbenos como viviu el a ditadura, polo que nos relata este período histórico dende os seus recordos e anécdotas.
Rivas viviu na ditadura dende neno ata adulto, polo que podemos observar como percibiu esta ditadura nas diferentes épocas da súa vida.
Sendo neno, relátanos historias nas que aparecen diversos elementos típicos dese momento. Un deles é a emigración cara Europa maioritariamente, a cal foi permitida e favorecida polas autoridades, xa que nin a industria española nin os servizos eran capaces de absorbela. Esta emigración realízana moitos dos veciños de Rivas, e el relátanos como el vía marchar a toda esa xente, para logo volver con outra visión do mundo e con aparellos novidosos para a época como un televisor.
Outro rasgo da ditadura que podemos ver nesta novela é o relacionado co ensino, o cal neste tempo estaba dividido para nenas e para nenos. Rivas estuda nun instituto novidoso para a época, nun instituto mixto, e onde , como o autor nos relata, había certo espírito de liberdade, que posteriormente foi reducido, debido á presión das autoridades. En canto á falta de liberdades é un tema que volve a aparecer durante un período, no que con 15 anos, traballou no xornal “El ideal Gallego”. Neste xornal observou que había certos temas que non debían aparecer nel, debido á censura da época, e que o periodísmo non consistía na búsqueda da verdade, como el pensaba.
A oposición ao franquismo aparece en moitos dos personaxes da súa obra, por exemplo algúns dos seus profesores, que a pesar de ser curas estaban en contra do franquismo, ou de veciños, que debido ás súas accións son encarcerados, aínda que é a súa irmá, María, a que simboliza a oposición ao franquismo, xa que como Rivas mesmo a denomina, era unha nena anarquista. María é unha nena moi adiantada para a súa época, sendo aínda unha nena xa amosaba ese espírito libre, o cal a leva a escribir en galego (algo mal visto na época), a querer estudar e formarse, para converterse nunha persoa culta ,e a amosar a súa oposición ao réxime, xa que por exemplo escondía libros anarquistas na casa ou, como nos relata o autor, María e mais el son encarcerados en ocasións por realizar protestas antifranquistas, o que nos amosa a represión da época.
Ademais o libro, co seu nome, fai referencia, entre outros, a esas persoas que tiñan que manter as súas voces baixas para non sufrir a represión.
En resumo é unha obra que a modo de autobiografía nos describe a sociedade da época e nos amosa como era vivir nas circunstancias dunha ditadura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario