domingo, 14 de mayo de 2017

Composición Crise da Restauración

A crise de 1898 xeneralizou o desexo de cambios no sistema político da Restauración.  Aparece o Rexeneracionismo, que denuncia os vicios deste sistema turnista, e coa subida ao trono de Afonso XIII, os dous grandes partidos dinásticos (conservador e liberal) sofren unha crise tras a morte dos seus líderes, polo que se nomean uns novos: Maura (conservador) e Canalejas (liberal). Neste contexto, a principios do século XX, comeza a crise da Restauración. Por un lado temos a crise política, xa que se produce  unha descomposición dos partidos dinásticos, o que produce un aumento da inestabilidade política con moitas división internas e gobernos débiles. Política, que como podemos observar no Doc.4, baseábase nun modelo turnista e bipartidista dominado polos dous grandes partidos antes nomeados. Esta crise tamén afectou aos partidos da oposición, xa que se produce unha crise interna no PSOE, aparece o PCE, e aparecen os problemas dos nacionalismos, como podemos contemplar no Doc.1, xa que en Cataluña, a Lliga elaborou un proxecto de estatuto, e aparecen novos partidos separatistas como Acció Catalana. Por outra parte no País Vasco, o PNV sofre unha escisión entre o sector radical e os moderados. Neste ambiente o exército xogou un papel importante, xa que tiña disposición para tutelar a vida política.

Por outro lado temos unha crise socioeconómica. A crise social favorece a expansión do movemento obreiro, e os sindicatos da UGT e a CNT experimentan un notable aumento de afiliados, os cales convocaron unha folga xeral en agosto de 1917, como nos mostra o Doc.2 , no cal se nomean algúns dos seus pedimentos , como a convocatoria de eleccións sinceras ou que o gobernos asumise os poderes executivo e moderador, e no que chama ao pobo español a manifestarse contra os gobernantes. Todo isto favoreceu a que aumentase a conflitividade social, que se manifestou no “trienio bolxevique” entre outros acontecementos, pero foi en Marrocos onde se produciu a crise máis grave, o cal xa fora motivo doutra folga importante que derivou na Semana Tráxica de Barcelona, debido á mobilización dos reservista en Cataluña para a loita no Rif, e a posterior emboscada no Barranco del Lobo que supuxo numerosas baixas españolas. Posteriormente destaca o desastre de Annual ( Doc.3), no que as tropas españolas foron derrotadas e perderon todo o Rif, e que tivo numerosas consecuencias políticas, pasando a ser unha das causas do final do réxime parlamentario.  A esixencia de responsabilidades forzou ao goberno a nomear unha comisión presidida polo xeneral Picasso para delimitar as culpabilidades militares. Comezou así un debate sobre responsabilidades, no que se viron inmersos tanto os militares como os partidos dinásticos e o rei. A oposición denunciou ao réxime, entre ela estaba Garcia Prieto, líder socialista, que intentou salvar o réxime constitucional e aceptou a formación dunha comisión de responsabilidades políticas para dirimir as acusacións contra os militares, os políticos e o rei. Pero, antes de que saíra este informe, produciuse un golpe de Estado, sen inicial oposición, que impoñía unha ditadura como “solución” á crise do réxime, o cal foi presentado por Primo de Rivera, como amosa o Doc.5, como unha medida transitoria de rexeneración política e co propósito de resolver os problemas da sociedade española. Primo de Rivera levou a cabo unhas medidas iniciais e unha reforma administrativa nas cales suspendeu a Constitución. Nunha segunda etapa, intentou construír un réxime autoritario e estableceu unha política económica e social baseada no intervencionismo estatal e nacionalismo económico. A partir de 1926 a ditadura perde apoios e crece a oposición cara Primo de Rivera, o cal presenta a súa dimisión ante o rei en 1930.  O  rei pretende volver á normalidade constitucional, pero a poboación non quería de novo unha monarquía. Posteriormente asínase o Pacto de San Sebastián para implantar a república, que se proclama o 12 de abril.

No hay comentarios:

Publicar un comentario