lunes, 15 de mayo de 2017

Composición transición á democracia.

Tras a morte de Franco en 1975, Xoán Carlos I xuraba o seu cargo como rei o 22 de novembro de 1975, iniciando así unha transición democrática. O primeiro presidente do goberno da monarquía foi Arias Navarro, de tendencia inmobilista. Finalmente dimitiu forzosamente en 1976.
O rei nomeou como novo presidente a Adolfo Suárez, o cal puxo en marcha un goberno que afrontou a reforma democrática, xa que como podemos observar no Doc.1, sabía que a sociedade quería alcanzar as liberdades e a democracia, por iso acelerou estas reformas. Inicialmente despenalizou as asociacións políticas e regulou o dereito de folga. Tamén aprobou unha amnistía, posteriormente ampliada, deixando impune a represión franquista. Na oposición formouse a Plataforma de Organismos Democráticos, formado pola Platajunta e a Coordinación Democrática, que tiña a función de negociar co goberno, aínda que non tivo moito éxito. Os sindicatos tamén crearon a Coordinadora de Organizacións Sindicais. Hai que destacar que esta transición política non foi pacífica, xa que a violencia estivo presente durante todo o proceso a través de grupos terroristas de extrema dereita como a Triple A, e de extrema esquerda como ETA ou a GRAPO.
Para avanzar con estas reformas era necesario desmantelar a estrutura do réxime polo que o goberno presenta a Lei para a Reforma política, para devolver a soberanía ao pobo e desmantelar o réxime franquista mediante a ruptura pactada. Esta Lei para a Reforma política, como ben nos indica o Doc.2, tiña os obxectivos de devolverlle a soberanía ao podo, de establecer unhas Cortes, formadas polo Congreso dos Deputados e o Senado, e cuxos deputados foran elixidos por sufraxio universal, directo e secreto dos españois maiores de idade. Tamén defendía os dereitos fundamentais e inviolables das persoas e recoñecía o pluripartidismo. Esta lei foi debatida e sometida a referendum popular, e finalmente aprobada.
Con esta lei aprobada, o goberno levou a cabo un proceso de legalización da oposición democrática. Chegou a legalizar 78 partidos, entre eles os PSOE e o PCE. Coa legalización dos partidos políticos, o goberno convoca novas eleccións para 1977. Para estas eleccións lexislativas libres, Adolfo Suárez formou  UCD, para presentarse a elas. Como nos amosa o Doc.3, Suárez prometía a soberanía do pobo, construír a  democracia dende a legalidade, que todas as familias políticas podían ter un lugar nas Cortes, e a elaboración dunha Constitución, ademais de crear un marco legal para institucionalizar cada rexión. Finalmente a UCD gañou estas eleccións e formou un gobernos en minoría presidido por Suárez.
Un dos elementos máis importantes do seu goberno foi a elaboración dunha constitución sen exclusións. A Comisión de Asuntos Constitucionais do Congreso foi a encargada de elaborar unha constitución consensuada. O Congreso e o Senado aprobaron o texto constitucional nunha sesión conxunta, e posteriormente foi sometido a un referendum, onde tamén foi aprobada polo 87% dos votantes. Esta Constitución de 1978 , como nos indica o Doc.4, establecía a soberanía popular, que a forma política do Estado era unha monarquía parlamentaria, a separación de poderes, recoñecía e garantía o dereito á autonomía, e que o castelán era a lingua oficial do Estado e o resto das linguas eran oficiais  nas súas respectivas Comunidades Autónomas, entre outros.
En 1979 celebráronse eleccións lexislativas e municipais, as cales volveu a gañar a UCD. Pero comezan a aparecer problemas, xa que a crise económica non amainaba e o proceso autonómico provocou fortes tensións dentro da UCD, ademais de haber unha constante ameaza golpista, tras o fracaso da Operación Galaxia, e continuos atentados terroristas. Suárez vese sen apoios e cunha autoridade minguada polo que dimite, e a UCD nomea a Calvo Sotelo como o seu sucesor. Durante a investidura do novo presidente, un grupo de civís baixo o mando do xeneral Tejero asaltaron o Congreso dos Deputados. Como podemos ver no Doc.5, o rei anunciaba este Golpe de Estado do 23-F, e condenaba este acto  defendendo a democracia, e poñéndose en contacto coas autoridades para tomar as medidas necesarias para manter a orde constitucional. O golpe militar fracasa e os implicados foron detidos e procesados.
A presidencia de Calvo Sotelo quedou moi condicionada polas consecuencias do intento golpista e pola crise no seu partido. Durante o seu goberno destaca a  Lei do Divorcio, o concordato co Vaticano e a entrada na OTAN. Finalmente Sotelo, ante a descomposición de UCD  e verse sen apoios, disolve as Cortes e convoca novas constitucións lexislativas para o 28 de outubro de 1982.

O PSOE gaña estas eleccións, como nos amosa o Doc.6 con 202 escaños. Coa súa vitoria remata o proceso de transición e aséntase a democracia. O sistema político estruturase arredor de dous grandes partidos, o socialista e o popular, que se alternaron no poder. No plano internacional, España homologábase cos países democráticos do seu contorno, ingresaba na Comunidade Económica Europea e participou en misións internacionais de Paz e nos organismos de decisión mundial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario